Rematou o período de adaptación e dende o día 1 de outubro xa contamos coa visita dos mestres especialistas: educación física con Ricardo, música con María, english con Cova e... Bieito veu coa profe Mónica, xa tiñamos ganas de velos a tod@s!
E seguimos co traballo de outono, estampando follas, traballando vocabulario, clasificación de imaxes, cuantificadores, ... entre outras cousas 🍂🌰
Como é a primeira vez que a profe Mónica vén con Bieito, quere coñecernos ben e aprender os nosos nomes, por iso pediunos que lle fixeramos un debuxo de nós mesmos.
Estrenamos instrumentos...
E coñecemos a unha nena e aos seus amigos, homenaxeando a Quino, o seu creador.

Tamén temos ratiños para xogo libre e con propostas de actividades
E así pasiño a pasiño... imos collendo ritmo!