viernes, 19 de junio de 2020

Fin de curso.

Chegou o día en que remata o curso, este día sempre é moi especial, cheo de emocións e nervios. Este curso é diferente, inesperado, inolvidable, estrano, e tamén especial pero doutro xeito... 
 
Quero felicitarvos polo voso traballo mentres estivemos na escola e tamén nas vosas casas, que sei que traballastes un montón. Pero o máis importante: o voso comportamento neste tempo, que a pesar de ser unha situación moi incerta para todos, @s nen@s fostes un bo exemplo para os adultos. 
Sodes unhas pequenas grandes persoas!!!

Ah! e pedirvos unha cousa! Descansade e desconectade no verán, é moi necesario para volver con folgos!! Aínda que... aquí tedes uns deberes para estas vacacións, espero que fagades algúns!!😉😊


Non quero esquecerme de Candela e Martín, os maiores do cole. Desexarlles moitísima sorte 🍀 na súa nova andaina, xa sabedes que Silvoso sempre será a vosa escola 💚 e que estamos aquí para o que precisedes!!

E para rematar, tod@s @s profes do CRA fixemos este video con moito agarimo para desesarvos un feliz verán e moi boa sorte aos que marchan. Esperamos que vos guste!!





💜Moito ánimo a tod@s, vémonos en setembro! 😘

No hay comentarios:

Publicar un comentario