domingo, 3 de marzo de 2019

A mellor maneira de celebrar o Entroido.



Este ano celebramos o Entroido dunha maneira moi especial, posto que fomos a visitar aos Superheroes que viven no Fogar de Gandarío, ao ladiño da nosa escola. Acompañáronnos as nosas familias e alí cantamos e bailamos e tamén escoitamos moitas cancións tradicionais que eles cantaron para nós.  Prometemos aprendelas!!
Foi unha xornada moi entretida na que compartimos uns bonitos momentos grandes e pequenos.







Á volta recuperamos forzas con todas as cousas ricas que aportaron as familias.




Moitas grazas a tod@s os que fixeron posible esta actividade, dende os responsables e traballadores/as do Fogar de Gandarío, Ledicia Castro (nai de Anxo) e familias que nos acompañaron. Seguiremos traballando a favor da dignidade do trato aos maiores, persoas que nos poden aportar moitísimas cousas bonitas.

Graciñas a tod@s e Bo Entroido!!