domingo, 3 de marzo de 2019

A mellor maneira de celebrar o Entroido.



Este ano celebramos o Entroido dunha maneira moi especial, posto que fomos a visitar aos Superheroes que viven no Fogar de Gandarío, ao ladiño da nosa escola. Acompañáronnos as nosas familias e alí cantamos e bailamos e tamén escoitamos moitas cancións tradicionais que eles cantaron para nós.  Prometemos aprendelas!!
Foi unha xornada moi entretida na que compartimos uns bonitos momentos grandes e pequenos.







Á volta recuperamos forzas con todas as cousas ricas que aportaron as familias.




Moitas grazas a tod@s os que fixeron posible esta actividade, dende os responsables e traballadores/as do Fogar de Gandarío, Ledicia Castro (nai de Anxo) e familias que nos acompañaron. Seguiremos traballando a favor da dignidade do trato aos maiores, persoas que nos poden aportar moitísimas cousas bonitas.

Graciñas a tod@s e Bo Entroido!!


lunes, 25 de febrero de 2019

Día de Rosalía

Un día despois do Día de Rosalía, rendímoslle unha pequena homenaxe na escola, recitando uns dos seus poemas mais coñecidos.



jueves, 21 de febrero de 2019

Concerto de violonchelo

Candela, a nosa compañeira, regalounos un concerto de violonchelo. É un instrumento cun son precioso, moi sonoro. Explicounos como era e os coidados que necesita. Quedamos abraiados do ben que o fai e con moitas ganas de volvela a escoitar.

 Moitas grazas a Candela e aos seus pais !! 



  




No blogue de música tamén o podedes ver.

miércoles, 20 de febrero de 2019

Os superheroes.

Ledicia, a nai de Anxo, veu á escola a presentarnos e contarnos o seu libro, titulado El jefe de los superhéroes, un conto que fala de como as persoas nos imos facendo maiores. A través de esta historia vemos que cumplir anos e facerse maiores non é algo negativo... Démonos conta de que temos moitos superheroes ao noso arredor!!!




Puxemos gafas de superheroes, caras de superheroes e capas de superheroes!!!!
Moitas grazas Ledicia e Anxo!

E hoxe na clase falamos do tema e fixemos un traballiño.