miércoles, 26 de diciembre de 2018

Visitas especiais.

Este mes de decembro é o mes máis especial do ano para nós. Na escola recibimos emocionados ao Apalpador ou Pandigueiro, que veu directamente das montañas do Courel a contarnos a súa vida e a súa historia. Todos os anos lémbrase de nós e vén a vernos... sempre probamos as riquísimas mazás que trae no seu saco, mmmmm... boísimas!!!






E tampouco faltan á cita os Reis Magos, que nos visitaron o último día de escola antes das vacacións de Nadal. Entregámoslle as nosas cartas e como nos portamos moi ben, deixaron un agasallo para compartir na escola todos xuntos. 




Moitas grazas ao Pandigueiro e aos Reis Magos por adicarnos un anaquiño do seu tempo. Bo Nadal!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario