Rematado o período de adaptación, os silvosiños e silvosiñas ímonos afacendo ás rutinas da escola.
Coñecemos a Bieito, mascota da biblioteca e tamén a Cheeky Monkey que vén acompañando á teacher. Nas clases de Educación Física e Música descubrimos novos xogos, materiais, cancións, instrumentos.... Xa vos iremos contando!