Así de bonitos quedaron os nosos mosaicos romanos, feitos con goma eva, que aportamos á exposición sobre ROMA no CPI Cruz do Sar. Déronnos traballiño pero o resultado mereceu a pena.
jueves, 31 de mayo de 2018
viernes, 25 de mayo de 2018
Imos de concerto!

Así de contentos fomos ao concerto de Pablo Díaz, na Senra, invitados polo Concello de Bergondo, para celebrar o día das Letras Galegas. Entregouse o premio do concurso de marcapáxinas a Sofía, a nena gañadora, da escola de Guísamo. Noraboa!!!
A nós, por participar, agasalláronnos cun libro.
E como ben di Pablo Díaz: "un libro está sempre comigo e así pode ser o meu amigo!"
Pasámolo moi ben cantando e bailando con Pablo!!
domingo, 20 de mayo de 2018
A Torre de Hércules, A Coruña.
Tivemos un día fantástico para visitar un auténtico faro romano, a Torre de Hércules. É o faro máis antigo do mundo en funcionamento e Patrimonio da Humanidade. Contáronnos a lenda de Hércules e Xerión e ensináronnos a parte baixa onde están feitas excavacións que deixan á vista algúns dos seus cimentos.
Tivemos un ratiño para disfrutar da marabillosa paixase, xogar na Rosa dos Ventos e, por suposto, tomar un petisco que nos soubo a gloria!
Visita á escola de Protección Civil.
Como cada curso recibimos na escola a visita de Protección Civil de Bergondo, que sempre nos recordan consellos e boas prácticas para saber actuar correctamente nalgunhas situacións. Ademáis de conversar con todos eles, practicamos a RCP e vimos o camión que tanto nos gusta. Mesmo fomos bombeiros!!!
Coma sempre, foi una visita moi interesante. Moitas grazas!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)