lunes, 29 de enero de 2018

Visita de Martin Hutchinson e Starsky



Martin Hutchinson acompañado do seu can Starky fixeron unha parada na nosa escola e continuarán a súa viaxe polo mundo transmitindo a súa mensaxe. Martin leva doce anos transmitindo a importancia do coidado do medio ambiente, concienciando á xente dos efectos nocivos da contaminación e amosando o dano que lle estamos facendo ao planeta. É especialmente sensible co impacto dos plásticos no medio marino. 
A educación e concienciación, especialmente dos máis pequenos, é fundamental e Martin coa súa bici e o seu fiel acompañante Starsky, camiña polo mundo altruistamente difundindo a súa mensaxe.
Dende a escola de Silvoso quixemos transmitirlle unha mensaxe de tranquilidade, convertíndonos na Patrulla dos Silvosiños, intentando cumplir e dar difusión a todo o que el contou.








 Un enorme pracer coñecervos!!!
Moita sorte na vosa andaina!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario