lunes, 29 de enero de 2018

Visita de Martin Hutchinson e Starsky



Martin Hutchinson acompañado do seu can Starky fixeron unha parada na nosa escola e continuarán a súa viaxe polo mundo transmitindo a súa mensaxe. Martin leva doce anos transmitindo a importancia do coidado do medio ambiente, concienciando á xente dos efectos nocivos da contaminación e amosando o dano que lle estamos facendo ao planeta. É especialmente sensible co impacto dos plásticos no medio marino. 
A educación e concienciación, especialmente dos máis pequenos, é fundamental e Martin coa súa bici e o seu fiel acompañante Starsky, camiña polo mundo altruistamente difundindo a súa mensaxe.
Dende a escola de Silvoso quixemos transmitirlle unha mensaxe de tranquilidade, convertíndonos na Patrulla dos Silvosiños, intentando cumplir e dar difusión a todo o que el contou.








 Un enorme pracer coñecervos!!!
Moita sorte na vosa andaina!!

jueves, 4 de enero de 2018

Xa veñen os Magos



Queda moi pouco para a noite máis máxica do ano, a noite na que recibimos nas nosas casas aos Reis Magos. Nós tivemos moita sorte, pois viñeron a visitarnos eles mesmos á nosa escola e así puidemos darlle as cartas e falar un pouquiño con eles. 
Agora a esperar a que chegue o día e... recordade o que di o conto de Martiño: os Reis non entran nas casas dos nenos que non están durmidos!!!
Boa noite de Reis a tod@s!!!!