miércoles, 1 de febrero de 2017

Día da Paz

O luns 30 de Xaneiro celebramos na escola o día da Paz. Falamos dos nosos desexos de paz e transmitímosllos ás pombiñas que nos trouxo a profe Dolores. Despois saímos a soltalas para que levasen os nosos desexos e mensaxes polo mundo.



Grazas a Mª José e aos seus fillos Lorena e Lucas por coidar desas pombiñas na súa casa.

Tamén fixemos unha videoconferencia colectiva con todas as escolas do CRA e cantamos a un tempo a canción da Paz que aprendimos coa profe María.

                              

                              

No hay comentarios:

Publicar un comentario