martes, 7 de febrero de 2017

Xornada de portas abertas.

Para as familias de nenos e nenas que se vaian a escolarizar para o vindeiro curso, organizamos unha xornada de portas abertas para dar a coñecer as nosas escolas e a nosa forma de traballo.
Se estades interesados chamade a 

981 79 18 96


miércoles, 1 de febrero de 2017

Día da Paz

O luns 30 de Xaneiro celebramos na escola o día da Paz. Falamos dos nosos desexos de paz e transmitímosllos ás pombiñas que nos trouxo a profe Dolores. Despois saímos a soltalas para que levasen os nosos desexos e mensaxes polo mundo.



Grazas a Mª José e aos seus fillos Lorena e Lucas por coidar desas pombiñas na súa casa.

Tamén fixemos unha videoconferencia colectiva con todas as escolas do CRA e cantamos a un tempo a canción da Paz que aprendimos coa profe María.