sábado, 6 de febrero de 2016

Vaia lío!! El monstruo de colores.


Seguimos co traballo das emocións seguindo ese conto tan precioso que nos trouxeron Eva e Bieito, El monstruo de colores. Como vimos a este monstro tan liado decidimos axudalo e, de paso, seguir falando das nosas propias emocións e sensacións. Así, observamos ao monstro en diferentes situacións e comentamos como se sentiría en cada unha delas, poñéndolle cor. Quedaron moi bonitos e decidimos que íamos a decorar a aula con eles.





1 comentario: