sábado, 6 de febrero de 2016

Entroido galego. Volantes de Chantada.



Xa hai uns anos que estamos a traballar no CRA as figuras do Entroido tradicional galego. Este curso decidimos facer entre todas as escolas un pucho de Volante, figura do Entroido Ribeirao. Os puchos dos volantes son moi grandes e coloridos, con flores e cintas de cores, e van pola vila danzanzo e xirando, atraendo a boa sorte para as colleitas do ano. Se picades na foto poderedes ver o proceso e resultado deste traballo común e tamén o ben que cantamos, jejeeejeee...



E o venres fomos á escola disfrazados e desfrutamos todos xuntos dunha festiña con riquísimos doces aportados polas familias. 
Graciñas pola vosa colaboración!!!




Tamén aproveitamos a celebración para darlle a benvida á profe Eva que xa volve a estar con nós. 
Graciñas por acompañarnos e benvidaaaa!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario