jueves, 25 de febrero de 2016

24 de febreiro, o día de Rosalía.

Achegámonos á figura de Rosalía de Castro, unha escritora galega moi importante, recitando un poema e facendo unha postal que levamos ás nosas familias.


Cantapaxariño alegrecanta!

Canta porque o millo medre, canta!

Canta porque a luz te escoite, canta

Canta que fuxeu a noite



Tamén escoitamos e cantamos a canción de Uxía, Rosalía Pequeniña. Se picades na imaxe poderedes ver o video.


E ata nos decatamos de que o nome de Rosalía contén outros dous: Rosa e Lía, o nome dunha amiga nosa que ven á escola a contarnos cousas moi interesantes. Dende aquí aproveitamos para mandarlle un saúdo mooooiii agarimoso a Lía!!!! Lembrámoste!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario