domingo, 24 de enero de 2016

O monstro de cores.

A profe Eva e Bieito contáronnos a historia do monstro de cores, que se fixo un lío coas súas emocións. Gustounos moito este conto e despois falamos das nosas emocións propias, comentando que cousas son as que nos dan medo, nos aledan, nos enfadan, nos dan tristura e tranquilidade. Eva e Bieito tiñan aínda outra sorpresa: meter nunha bolsiña as nosas emocións en forma de sales de baño. 
Primeiro aromatizamos...


 Logo puxémoslle cor...
Despois pensamos en como nos sentíamos e metemos a dose correspondente de emocións na nosa bolsiña....

 Encantounos a historia!!! E seguiremos traballando nela.



No hay comentarios:

Publicar un comentario