sábado, 30 de enero de 2016

Día da Paz

Hoxe, 30 de xaneiro, é o día Mundial da Paz e nós onte celebrámolo na escola falando do tema. Dixemos o que significa para cada un de nós esta palabra, fixemos un agasallo para regalarlle á nosa familia e pedímoslle a unha pombiña de carne e óso que levase voando unha mensaxe de PAZ de parte de todos nós. Deixamos o video dese momento.



domingo, 24 de enero de 2016

O monstro de cores.

A profe Eva e Bieito contáronnos a historia do monstro de cores, que se fixo un lío coas súas emocións. Gustounos moito este conto e despois falamos das nosas emocións propias, comentando que cousas son as que nos dan medo, nos aledan, nos enfadan, nos dan tristura e tranquilidade. Eva e Bieito tiñan aínda outra sorpresa: meter nunha bolsiña as nosas emocións en forma de sales de baño. 
Primeiro aromatizamos...


 Logo puxémoslle cor...
Despois pensamos en como nos sentíamos e metemos a dose correspondente de emocións na nosa bolsiña....

 Encantounos a historia!!! E seguiremos traballando nela.