lunes, 19 de diciembre de 2016

O noso amigo o Apalpador.



Seguindo co traballo do Nadal, decidimos facer un cadro dunha das figuras do Nadal galego, o Apalpador ou Pandigueiro. Seguramente recibiremos a súa visita un destes días.
Aproveitamos materiais da natureza, como as follas, e materiais de refugallo, o cartón, para facer o seu retrato. 






sábado, 10 de diciembre de 2016

Chega o Nadal a Silvoso.



Como nos gusta tanto o Nadal, comezamos cos adornos para a aula e o primeiro que fixemos foi un calendario con sorpresas. Para iso utilizamos os cartóns de rolos de papel, que pintamos e decoramos. Despois a profe meteu dentro as sorpresiñas....
Gústavos o resultado?
Fixémolo así:








miércoles, 30 de noviembre de 2016

Somos prehistóricos.

Pouco a pouco imos descubrindo cousas novas sobre a prehistoria e decoramos e ambientamos a aula entre todos. De momento, rematamos a nosa caverna, ainda que temos pendiente decorala. E... xa descubrimos o lume!!


A nosa caverna

Antes de prender o lume, temos que delimitar onde o imos a facer.

Contamos as pedras que precisamos

Despois colocamos os paos e "prendemos" o lume. 

Por último fomos ao noso recuncho prehistórico a contar contos e historias á calor do lume.



Seguiremos informando!!!


sábado, 19 de noviembre de 2016

Superlúa.


O luns 14 de novembro poidemos ver no ceo unha SUPERLÚA, un fenómeno que non se da moi habitualmente. Vimos a Lúa máis grande e brillante...pero xa sabemos que non é porque medre senón porque está moito máis próxima á Terra. Nós aproveitamos para facer a nosa Superlúa, que colgamos na porta mirando cara fóra para que pola noite saudase á Lúa do ceo.




Tamén contamos un conto que nos gusta moito, A que sabe a Lúa? e despois dixemos a que nos sabe a Lúa a cada un de nós.










E a vós....a que vos sabe a Lúa?



lunes, 7 de noviembre de 2016

E máis dinosaurios...

Seguimos cos dinos, traballando de moitas formas: falando, investigando, escoitando contos e historias, pintando e creando, facendo actividades na PDI, ademáis de fichas en papel.








E xa vemos o meteorito que se achega!!!!

Os dinosaurios.



Levamos unhas semaniñas traballando e estudando os dinosaurios e xa aprendemos un montón. Deixamos aquí un video moi interesante e que nos gusta moito.





domingo, 6 de noviembre de 2016

Semana da Ciencia.

Dende mañá luns e ata o próximo domingo os Museos Científicos coruñeses teñen a entrada de balde, con motivo da Semana da Ciencia.






Interesantes visitas que, de seguro, agradan aos nenos e non tan nenos.



sábado, 29 de octubre de 2016

Un Magosto como en Agosto.

Levamos xa máis dun mes de curso, aprendendo e traballando sobre moitas cousas. Estes días estamos centrados no outono, aínda que o tempo non é típico desta estación. O venres fomos a celebrar o magosto na Senra todas as escolas do CRA e alí vimos unha divertida obra de teatro a cargo do grupo Baobab, titulada Baila Roque baila. Despois comemos todos unhas castañas asadas, aínda que cun sol e unha temperatura de verán máis que de outono. Deixamos un video para que vexades algunas das actividades destes días.



martes, 6 de septiembre de 2016

Benvid@s ao novo curso!!!

Ola de novo! Aquí estamos outro curso máis, preparados para traballar e aprender moitas cousas. Así que para comezar teremos unha reunión cos papás e mamás o Xoves día 8 de setembro ás 13.00 horas, na escola.
Deixamos o horario do período de adapatación dos nenos e nenas novos e algunhas recomendacións, que vos poden axudar.





domingo, 29 de mayo de 2016

Visita de cine!



O venres tivemos a sorte de recibir nas escolas a visita de Iván, un actor que nos contou moitas cousiñas e trucos do mundo do cine.
No cine non todo é o que parece... jejejeee...



 Aii!!! Que feridas!!!!



Estivemos moi atentos, aprendemos cousas novas e falamos con Iván de moitas cousas que nos gustan do cine e das pelis. Foi unha visita xenial. 
Graciñas Iván!!!!