miércoles, 17 de junio de 2015

Un agasallo chegou de Muxía.

Menuda sorpresa levamos a semana pasada na escola!! Chegou a carteira cun paquete para nós que viña de... Muxía, de parte de Jesús, o creador dos nosos amigos Roque, Barca e Roquiño!!!


Que emoción!!!!
Abrímolo con moito coidado e curiosidade e..... había un montón de pequenos paquetiños, candaseu co seu laciño, que contiñan un pin de Roquiño para cada un de nós. Preciosos!!!!


Tamén unha libretiña cunha portada moi veraniega que utilizaremos para anotar cousas importantes da clase. 


Que detallazo!!! Grazas outra vez a Jesús e a esa familia de corviños que xa forman parte de Silvoso!

1 comentario: