domingo, 21 de junio de 2015

Máis agasallos.


                       

Hai uns días recibíamos unha sorpresa chegada de Muxía e pouco tempo despois chegou outro agasallo para todos os nenos do CRA, esta vez de Camariñas. A empresa conserveira desta vila, chamada Cerdeimar, agasallounos cunhas latas de conservas moi especiais como colofón a todo un curso de traballo sobre o mar. Chegaron cunha mensaxe...



Marchamos para a casa encantados coas nosas latas, alí limos a mensaxe coa familia e por fin poidemos descubrir o seu contido. Que imaxinades vós que traían??? Pois uns peixiños coma estes...
Si, si, unhas conservas mooooi orixinais, non si?

Moitas grazas a Cerdeimar!!!!!

1 comentario:

  1. Que gran sorte tivéchedes! Un merecido agasallo a un gran traballo. Unha aperta.

    ResponderEliminar