martes, 19 de mayo de 2015

O corvo Roque.

Dende Muxía chegou Roque, un corviño cunha historia moi especial. Coñecemos tamén á súa familia: Barca e Roquiño.
Jesús Toba e Ana Mª Martínez plasmaron a historia de Roque nun conto precioso.

 O Corvo Roque narra a historia dun corvo que viviu en Muxía nos anos 80. Era un ser un tanto especial porque parecía un habitante máis do lugar: entraba nas tabernas para comer pinchos; paseaba pola vila de lado do seu dono e, de cando en vez, facía pequenos roubos. O que máis lle gustaba roubar eran moedas, pinzas da roupa ou pezas de dominó. O dominó era dos entretementos favoritos de Roque, que acostumaba pasar o tempo vendo xogar aos mariñeiros. Como afirmou o propio Jesús Toba: “Roque logrou converterse nun veciño máis da vila”. Conta diso deron os medios da época que trataron a historia de Roque nas súas páxinas.
En definitiva, Roque foi un personaxe moi importante para os muxiáns e forma parte da historia da vila, porque ao fin e ao cabo, é un corvo máis, pois os veciños de Muxía son coñecidos como corviños.

( Fonte: o compás da Costa da Morte; compasdacosta.com)












Dende a escola de Silvoso damos as grazas a Jesús Toba, quen nos cedeu esta familia de corvos e regalou un exemplar dos contos. Graciñas Jesús!!!


2 comentarios:

  1. Pero que guapos estes corviños!! Bonita historia a de Roque! Un saúdo e moitos bicos da profe Katia, que se acorda moito de vos! Muaak!!!

    ResponderEliminar
  2. Encántanme os corviños da escola de Silvoso. Seguro que disfrutaron moitísimo do conto. Unha aperta.

    ResponderEliminar