domingo, 28 de diciembre de 2014

Chegaron os Reis a Silvoso.

Cando estabamos celebrando a festa de Nadal na escola, chegaron os Reis, moi cansos e famentos pero tamén cargadiños de bo humor e algún agasallo. Convidámolos a comer algo, cantámoslle panxoliñas e entregámoslle as nosas cartas coas nosas peticións. Por se non se enteraron (que estamos seguros de que si) recordamos que todos os Silvosiños e as profes fomos MOI BOS!!! 


1 comentario:

  1. De seguro que os Reis Magos foron moi bos con todos vos. Moi feliz ano para todos e bo comezo de trimestre!

    ResponderEliminar