viernes, 7 de noviembre de 2014

A misteriosa mazá



Coñecendo A Coruña atopamos un dos museos científicos da cidade: A casa das Ciencias ou Planetario. Vimos que é un edificio moi bonito cunha cúpula e chamounos a atención unha mazá na súa fachada ( ¿unha mazáaa???). Entón xurdiu a pregunta: por que na Casa das Ciencias hai unha mazá? Interesante, non si? Que mellor maneira de averigualo que investigalo coas nosas familias, de modo que preparamos esta tarefa para levar á casa e compartir os resultados na clase ao día seguinte.












Agora xa sabemos cal é o motivo. O "culpable" foi Isaac Newton e o seu descanso debaixo dunha maceira, que o levou a formular a lei da Gravidade. Un científico importantísimo!!!! Cada un ensinou o seu traballo de investigación (por certo, todos fenomenal!) e comentamos os resultados na asamblea.

Aproveito esta entrada para recordar que, con motivo da semana da ciencia, do 10 ao 16 de novembro a entrada será gratuita nos Museos Científicos Coruñeses: Aquarium, Casa das Ciencias e Domus.


2 comentarios:

  1. Queredes saber que nunca me fixara que na fachada había unha mazá? Menudo despiste! Menos mal que os Silvosiños son moi traballadores e moi listos e xa me explicaron a que se debia. Grazas, rapaces/as. Unha aperta ben forte.

    ResponderEliminar
  2. Silvosiños, cánto sabedes!! Teremos que incluir as vosas conclusións no blogue O MAR ENTEIRO
    http://omundoenteiro.blogspot.com.es/2014/11/a-corunatua-casa-o-teu-museo.html
    Biquiños, Silvosiños!!

    ResponderEliminar