miércoles, 26 de noviembre de 2014

viernes, 21 de noviembre de 2014

Visita á Coruña

Xa vos diciamos onte que esta semana está sendo moi intensa. Se o martes tivemos a visita da Capitana Lucía, ao día seguinte fomos á Coruña a visitar o Museo de Belas Artes, concretamente a exposición O mar no museo. Vimos obras de arte de temática mariña e posteriormente fixemos un obradoiro. 
Aproveitamos a ocasión para facer un "tour" pola Coruña, vendo lugares que estamos a traballar nas aulas e comprobamos in situ o grande que é a Torre de Hércules e o preciosa que é a Rosa dos Ventos.
Esperamos que vos gusten estas presentacións de fotos da nosa visita.



jueves, 20 de noviembre de 2014

Visita da Capitana Lucía.

Esta semana está sendo  moi emocionante. O martes recibimos a visita dunha Capitana de barco, Lucía, que nos ensinou moitas cousas sobre diferentes tipos de barcos. Entre outras cuestións, explicounos o que era unha bitácora e agasallounos cun caderno de bitácora para cada un, para poder ir enchendo de anécdotas, curiosidades e cousas que nos chamen a atención ao longo da nosa viaxe polos mares. E prestounos a súa gorra de auténtica Capitana para nomearnos Capitáns de honra e sacarnos unha fotiño para a posteridade. Aquí tedes as fotos.





 
           





 Moitas grazas Lucía pola túa visita!!! Agora si que estamos preparados para navegar!!!



jueves, 13 de noviembre de 2014

Lugrís, o pintor do mar galego.

Descubrimos a Urbano Lugrís, un pintor galego que pintaba o mar, ás súas personaxes, os seus mitos, as súas lendas... Imos visitar o Museo de Belas Artes de A Coruña e alí veremos esta obra, entre outras. Titulouna Mariña surrealista. 
Se picades na imaxe poderedes acceder a un video con moitas obras deste artista, todas vinculadas ao mar, un dos seus temas favoritos.

Video realizado polo equipo de Biblioteca do CEIP Mestres Goldar.

viernes, 7 de noviembre de 2014

A misteriosa mazá



Coñecendo A Coruña atopamos un dos museos científicos da cidade: A casa das Ciencias ou Planetario. Vimos que é un edificio moi bonito cunha cúpula e chamounos a atención unha mazá na súa fachada ( ¿unha mazáaa???). Entón xurdiu a pregunta: por que na Casa das Ciencias hai unha mazá? Interesante, non si? Que mellor maneira de averigualo que investigalo coas nosas familias, de modo que preparamos esta tarefa para levar á casa e compartir os resultados na clase ao día seguinte.












Agora xa sabemos cal é o motivo. O "culpable" foi Isaac Newton e o seu descanso debaixo dunha maceira, que o levou a formular a lei da Gravidade. Un científico importantísimo!!!! Cada un ensinou o seu traballo de investigación (por certo, todos fenomenal!) e comentamos os resultados na asamblea.

Aproveito esta entrada para recordar que, con motivo da semana da ciencia, do 10 ao 16 de novembro a entrada será gratuita nos Museos Científicos Coruñeses: Aquarium, Casa das Ciencias e Domus.


martes, 4 de noviembre de 2014

Magosto e Samaín

Coma todos os anos, fomos a celebrar o Magosto á Senra e non podiamos deixar de ver a magnífica e terrorífica exposición de cabazas do CPI Cruz do Sar. Tivemos un día fantástico, parecía un magosto en agosto, jejejeeee...
Tamén presenciamos unha actuación do grupo de teatro Trompicallo: O día que chegou unha nube e choveu, que nos transmite a idea de que sen auga non hai vida.
Foi unha xornada xenial!!!