domingo, 8 de junio de 2014

Visitamos os viveiros de Ouces.

Seguimos a traballar Bergondo, os lugares significativos e cercanos.
A semana pasada fomos de visita aos viveiros que temos en Ouces- Silvoso, que son os Viveiros Borrazás. Comezamos a preparar a visita xa hai un mes, aproveitando a figura de Díaz Castro (Letras Galegas 2014) e seu amor polas plantas e flores. Traballamos na clase algunhas especies, aprendemos a identificalas e os seus nomes e as profes prepararon un herbario que nós completamos paxinándoo e escribindo o índice. Este herbario levámolo con nós na nosa visita para ver si atopabamos as plantas que había nel. O que completara o herbario.... premio!!!!






Visita Viveiros Borrazás - Movie Maker

Pasámolo fenomenal na nosa saída. Moitas grazas ao personal de Viveiros Borrazás pola súa amabilidade e grazas tamén a Llésica e Susana, as mamás que nos acompañaron.

2 comentarios:

  1. Vese que disfrutaron motísimo e que preparáchedes moi ben a saída. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Si, Ana, pasámolo fenomenal e aprendemos moito. Un bico!!

    ResponderEliminar