jueves, 12 de junio de 2014

Hoxe de merenda... raños!!

Hoxe Tania invitounos a probar os raños, que son un froito típico bergondés. Hainos vermellos e verde- amarelos e contan por aquí que estes froitos de boísimo sabor só se dan nestas terras, hai moi poucos e só en algunhas casas. Xa sabemos que Bergondo é unha terra moi especial!!



Dentro do proxecto de Bergondo traballamos días atrás este tema, mirade a ficha que fixemos.



Moitas grazas Tania!!!

domingo, 8 de junio de 2014

Visitamos os viveiros de Ouces.

Seguimos a traballar Bergondo, os lugares significativos e cercanos.
A semana pasada fomos de visita aos viveiros que temos en Ouces- Silvoso, que son os Viveiros Borrazás. Comezamos a preparar a visita xa hai un mes, aproveitando a figura de Díaz Castro (Letras Galegas 2014) e seu amor polas plantas e flores. Traballamos na clase algunhas especies, aprendemos a identificalas e os seus nomes e as profes prepararon un herbario que nós completamos paxinándoo e escribindo o índice. Este herbario levámolo con nós na nosa visita para ver si atopabamos as plantas que había nel. O que completara o herbario.... premio!!!!






Visita Viveiros Borrazás - Movie Maker

Pasámolo fenomenal na nosa saída. Moitas grazas ao personal de Viveiros Borrazás pola súa amabilidade e grazas tamén a Llésica e Susana, as mamás que nos acompañaron.