viernes, 7 de febrero de 2014

Xogamos e aprendemos.

Na nosa viaxe polo mundo con Madlenka estamos instalados nos Estados Unidos, na impresionante cidade de Nova York. Tendo en conta as previsións meteorolóxicas, non está de máis propoñervos algunhas alternativas para "capear o temporal".
No blogue O mundo enteiro tedes unha entrada moi completa dos Estados Unidos, na que atoparedes informacións traballadas nas aulas,  xogos, fotos, videos... Premede na imaxe e veredes que chulada!


No blogue de Audición e Linguaxe tedes un xogo imprimible de elaboración propia para praticar o R forte. Unha boa forma de pasar un ratiño nestes días, aos nenos encántalles!
Picade na imaxe e a xogar!!


2 comentarios:

  1. Seica por N.Y. tamén teñen mal tempo coma nós, pero ademáis con neve. Teremos que visitala ben abrigadiñ@s...¡Biquiños silvosiños!

    ResponderEliminar
  2. Unhas alternativas fabulosas, Silvosiños. Un bico.

    ResponderEliminar