lunes, 10 de febrero de 2014

Recordando a Xapón: kamishibai colectivo.




Na nosa estancia en Xapón coñecimos o Kamishibai, que é unha forma de contar contos moi popular nese pais. Consiste en narrar un conto ou historia nun teatriño (butai) no que se colocan as láminas, que se van deslizando e pasando según vai discurrindo a historia. O narrador vai lendo o texto que está no reverso mentres os nenos contemplan os debuxos. Decidimos facer un kamishibai colectivo entre todas as escolas do CRA e a experiencia resultou mooooi positiva porque entre outras moitas cousas (e para min, a máis importante) foi que os nenos disfrutaron un montón coa actividade e disfrutan vendo o traballo colectivo final. Aquí tedes as fotos da lectura do conto na nosa escola. Prometemos facer unha entrada contando a historia.

      

2 comentarios:

  1. Que boa idea tivéchedes! Vense que están moi atentos e que lles gusta. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Unha actividade supercreativa e preciosa, encántame.

    ResponderEliminar