sábado, 18 de enero de 2014

Chegamos a New York, Nova Iorque, Nueva York.

Os Estados Unidos é o país ao que chegamos esta semana, concretamente a Nova Iorque. Xa comezamos a traer algúns materiais e informacións sobre a cidade pero... aínda nos fan falta máis!!! Nova Iorque é unha cidade impresionante e cando falamos do que sabiamos sobre ela, sairon moitas ideas pero queremos saber moooooiito máis. Así que... animádevos!!!

Dani e Sara trouxeron unha caixa cunha imaxe de New York, mirámola, parecía que dentro tiña que haber unha lámpada... 

 Pero houbo sorpresa! No interior non había unha lámpada, había dúas caixas de cookies!!! 

 Directiñas de New York!! Por certo, estaban boísimas!

 Adrián trouxo un conto da súa irmá Paula titulado Paula en Nueva York cunha historia moi bonita e uns debuxos chulísimos, gustounos moito.

Manuel trouxo a estatua da liberdade pero non a auténtica, unha un pouquiño máis pequena pero igualiña á orixinal. Tamén vimos unhas fotos de moitos sitios da cidade que fixo a súa irmá Sandra "in situ".

Ah! E Sara e Daniel, ademáis, trouxeron una gorra auténtica da policía de New York (con certificado de autenticidade e todo!) que lle puxemos ao noso mundo. Fixádevos nas letras que ten, xa sabemos o seu significado: New York Police Departament.

Aínda nos quedan moitas cousas por aprender de Nova Iorque, isto só é o punto de partida. esperamos máis materiais!!

3 comentarios:

  1. Vexo que empezades moi ben traendo información e materiais da casa ¡¡estupendo, silvosiñ@s, seguide así!! ¡Unha aperta!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Os silvosiños din: moitas grazas polo teu apoio. Bicos,

      Eliminar
  2. Seguro que aprendedes moitísimo con tan bos materiais como están a levar. Un bico.

    ResponderEliminar