jueves, 30 de enero de 2014

Celebramos o día da Paz

Para celebrar este día tan importante reunímonos na Senra todos os alumnos e profes do CRA. Pasámolo moi ben, xa que escoitamos os contos solidarios de Anxo Moure e o seu PAZtinete, xogamos e merendamos todos xuntos e vimos unhas pombiñas que despois deixamos en liberdade. Ah! e, por suposto, como non podía ser menos, cantamos a canción que nos ensinou a profe María.
Cada escola do CRA subimos ao escenario a explicar os dereitos dos nenos e todas as actuacións foron excelentes, non nos puxemos nada nerviosos e fixémolo fenomenal! 
Deixamos unhas fotiños da xornada pero para ver a nosa actuación teredes que esperar uns días. Prometemos poñer o video para que vexades o ben que o fixemos.

        
Día da Paz 2014 - foto montaje



2 comentarios:

  1. Moi boa forma de celebrar este día, profes. Xa nos amosaredes o video. Unha gran aperta e MOI FELIZ DÍA DA PAZ!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Os silvosiños din: esperamos que vós tamén tuvérades un bo día da Paz. Unha aperta de todos os silvosiños e da súa profe.

      Eliminar