jueves, 30 de enero de 2014

Celebramos o día da Paz

Para celebrar este día tan importante reunímonos na Senra todos os alumnos e profes do CRA. Pasámolo moi ben, xa que escoitamos os contos solidarios de Anxo Moure e o seu PAZtinete, xogamos e merendamos todos xuntos e vimos unhas pombiñas que despois deixamos en liberdade. Ah! e, por suposto, como non podía ser menos, cantamos a canción que nos ensinou a profe María.
Cada escola do CRA subimos ao escenario a explicar os dereitos dos nenos e todas as actuacións foron excelentes, non nos puxemos nada nerviosos e fixémolo fenomenal! 
Deixamos unhas fotiños da xornada pero para ver a nosa actuación teredes que esperar uns días. Prometemos poñer o video para que vexades o ben que o fixemos.

        
Día da Paz 2014 - foto montaje



sábado, 18 de enero de 2014

Chegamos a New York, Nova Iorque, Nueva York.

Os Estados Unidos é o país ao que chegamos esta semana, concretamente a Nova Iorque. Xa comezamos a traer algúns materiais e informacións sobre a cidade pero... aínda nos fan falta máis!!! Nova Iorque é unha cidade impresionante e cando falamos do que sabiamos sobre ela, sairon moitas ideas pero queremos saber moooooiito máis. Así que... animádevos!!!

Dani e Sara trouxeron unha caixa cunha imaxe de New York, mirámola, parecía que dentro tiña que haber unha lámpada... 

 Pero houbo sorpresa! No interior non había unha lámpada, había dúas caixas de cookies!!! 

 Directiñas de New York!! Por certo, estaban boísimas!

 Adrián trouxo un conto da súa irmá Paula titulado Paula en Nueva York cunha historia moi bonita e uns debuxos chulísimos, gustounos moito.

Manuel trouxo a estatua da liberdade pero non a auténtica, unha un pouquiño máis pequena pero igualiña á orixinal. Tamén vimos unhas fotos de moitos sitios da cidade que fixo a súa irmá Sandra "in situ".

Ah! E Sara e Daniel, ademáis, trouxeron una gorra auténtica da policía de New York (con certificado de autenticidade e todo!) que lle puxemos ao noso mundo. Fixádevos nas letras que ten, xa sabemos o seu significado: New York Police Departament.

Aínda nos quedan moitas cousas por aprender de Nova Iorque, isto só é o punto de partida. esperamos máis materiais!!

lunes, 13 de enero de 2014

Bos recordos para un bo comezo.

Logo dun parón blogueiro, comezamos con moitas gañas recordando a visita das Súas Maxestades o último día do primeiro trimestre. Que nerviosos estabamos!!!










Tamén enchemos as barriguiñas para que o Apalpador note que estamos ben mantidiños. Moitas grazas ás familias polas cousas tan ricas!!!



Tamén nos visitou o Apalpador, que viña directo do Courel coa a súa axudante, Alicia. Podedes ver unha excelente entrada no blogue de Audición e Linguaxe, da profe Dolores.

E despois de todo isto...benvidos ao 2º trimestre!!