domingo, 28 de diciembre de 2014
Chegaron os Reis a Silvoso.
Cando estabamos celebrando a festa de Nadal na escola, chegaron os Reis, moi cansos e famentos pero tamén cargadiños de bo humor e algún agasallo. Convidámolos a comer algo, cantámoslle panxoliñas e entregámoslle as nosas cartas coas nosas peticións. Por se non se enteraron (que estamos seguros de que si) recordamos que todos os Silvosiños e as profes fomos MOI BOS!!!
jueves, 18 de diciembre de 2014
Visitounos o Pandigueiro.
Como todos os anos, recibimos nerviosos e entusiasmados a visita do Pandigueiro (ou Apalpador) que viña das montañas do Courel acompañado de Alicia, a súa axudante. Recordounos a importancia de alimentarnos ben para ter as barriguiñas mantidas, o valor de compartir e de coidar e respectar ao máximo a natureza.
Fixemos uns debuxos do Pandigueiro que nos quedaron fenomenal!
viernes, 12 de diciembre de 2014
O pirata mariñeiro.
Veu da man da mestra Dolores un mariñeiro que antes foi pirata. Cambiou o seu barco pirata por unha barquiña e a súa espada por unha rede coa que pesca lerias e adiviñas. Dolores preparoulle un recuncho na aula moi acolledor, no que iremos poñendo todas as lerias que nos traia e que, por suposto, aprenderemos.
Benvido Pirata Mariñeiro!!!
lunes, 8 de diciembre de 2014
Nadal mariñeiro.
Vega e a súa familia fixeron na casa esta preciosa árbore de Nadal mariñeira, 100% bergondesa, xa que os materiais foron recollidos por eles mesmos na praia de Gandarío. A que é preciosa???
Non podiamos ter unha árbore máis xeitosa!!!
Non podiamos ter unha árbore máis xeitosa!!!
lunes, 1 de diciembre de 2014
Mouchiños nadaleiros.
Hoxe ímosvos ensinar os mouchiños que fixemos a semana pasada. Como hoxe empeza o mes do Nadal decoramos con eles unha árbore un tanto orixinal (reciclaxe total!), a nosa árbore de Nadal. Cada un dos mouchiños ten dentro unha sorpresiña, que será para @ encargad@ do día. Hoxe tocoulle estrenalo Javi.
miércoles, 26 de noviembre de 2014
viernes, 21 de noviembre de 2014
Visita á Coruña
Xa vos diciamos onte que esta semana está sendo moi intensa. Se o martes tivemos a visita da Capitana Lucía, ao día seguinte fomos á Coruña a visitar o Museo de Belas Artes, concretamente a exposición O mar no museo. Vimos obras de arte de temática mariña e posteriormente fixemos un obradoiro.
Aproveitamos a ocasión para facer un "tour" pola Coruña, vendo lugares que estamos a traballar nas aulas e comprobamos in situ o grande que é a Torre de Hércules e o preciosa que é a Rosa dos Ventos.
Esperamos que vos gusten estas presentacións de fotos da nosa visita.
Aproveitamos a ocasión para facer un "tour" pola Coruña, vendo lugares que estamos a traballar nas aulas e comprobamos in situ o grande que é a Torre de Hércules e o preciosa que é a Rosa dos Ventos.
Esperamos que vos gusten estas presentacións de fotos da nosa visita.
jueves, 20 de noviembre de 2014
Visita da Capitana Lucía.
Esta semana está sendo moi emocionante. O martes recibimos a visita dunha Capitana de barco, Lucía, que nos ensinou moitas cousas sobre diferentes tipos de barcos. Entre outras cuestións, explicounos o que era unha bitácora e agasallounos cun caderno de bitácora para cada un, para poder ir enchendo de anécdotas, curiosidades e cousas que nos chamen a atención ao longo da nosa viaxe polos mares. E prestounos a súa gorra de auténtica Capitana para nomearnos Capitáns de honra e sacarnos unha fotiño para a posteridade. Aquí tedes as fotos.
Moitas grazas Lucía pola túa visita!!! Agora si que estamos preparados para navegar!!!
Moitas grazas Lucía pola túa visita!!! Agora si que estamos preparados para navegar!!!
jueves, 13 de noviembre de 2014
Lugrís, o pintor do mar galego.
Descubrimos a Urbano Lugrís, un pintor galego que pintaba o mar, ás súas personaxes, os seus mitos, as súas lendas... Imos visitar o Museo de Belas Artes de A Coruña e alí veremos esta obra, entre outras. Titulouna Mariña surrealista.
Se picades na imaxe poderedes acceder a un video con moitas obras deste artista, todas vinculadas ao mar, un dos seus temas favoritos.
Video realizado polo equipo de Biblioteca do CEIP Mestres Goldar.
viernes, 7 de noviembre de 2014
A misteriosa mazá
Aproveito esta entrada para recordar que, con motivo da semana da ciencia, do 10 ao 16 de novembro a entrada será gratuita nos Museos Científicos Coruñeses: Aquarium, Casa das Ciencias e Domus.
martes, 4 de noviembre de 2014
Magosto e Samaín
Coma todos os anos, fomos a celebrar o Magosto á Senra e non podiamos deixar de ver a magnífica e terrorífica exposición de cabazas do CPI Cruz do Sar. Tivemos un día fantástico, parecía un magosto en agosto, jejejeeee...
Tamén presenciamos unha actuación do grupo de teatro Trompicallo: O día que chegou unha nube e choveu, que nos transmite a idea de que sen auga non hai vida.
Tamén presenciamos unha actuación do grupo de teatro Trompicallo: O día que chegou unha nube e choveu, que nos transmite a idea de que sen auga non hai vida.
Foi unha xornada xenial!!!
viernes, 31 de octubre de 2014
Feliz Samaín!!!
A que dan moito medo as nosas cabazas? Pasámolo fenomenal traballando o Samaín e o Halloween, coa profe Cova.
Por ser o pequeno da nosa escola, aproveitamos esta entrada para felicitar a Hugo que hoxe, día do Samaín, cumple 3 anos. Felicidades!!!!!
martes, 28 de octubre de 2014
Arañas lambonas
miércoles, 15 de octubre de 2014
Grumetes ao Koruño, para mariñeiros nós!!!!
Xa estamos preparadísimos, nós e o Koruño que nos levará polos mares e CRAladoiros do planeta!!!
martes, 14 de octubre de 2014
Cristoviños.
Para iniciar a viaxe polas augas do planeta fixemos cada un de nós un Cristoviño reciclando materiais, coa axuda da profe Isa.
miércoles, 8 de octubre de 2014
Que é iso do Planeta Azul?
Comezamos o novo proxecto deste curso no CRA de Bergondo, O Mar enteiro. Viaxaremos polo planeta azul coa intención de coñecer e aprender moooitaaas cousas sobre a vida en mares e océanos. Para elo necesitabamos saber: que é iso do planeta azul?
Para sabelo visitamos o blogue O Mundo Enteiro e a súa magnífica entrada sobre o tema. Fixemos uns puzzles que nos encantaron!!!
Por suposto, Cristovo tamén nos acompaña na nosa viaxe e xa nos trouxo algún dos seus tesouros, que ten gardados no seu cofre de pirata. Volveunos a contar a súa historia e deixounos un exemplar de agasallo.
Que ben o imos pasar e canto imos aprender!! Invitámosvos a viaxar con nós!!!
Benvidos a bordo!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)