viernes, 8 de noviembre de 2013

En Xapón andamos...

Como sabedes, estamos no "País do Sol Naciente", en Xapón, aprendendo e disfrutando de moitas cousas.
Alex e Ana  trouxeron un fermosísimo mapa feito por eles e a súa familia, co que xogamos a situar os sitios máis destacados do país.






 Manuel explicounos, entre outras cousas, como e que comen os xaponeses e regalounos uns palillos. Pero primeiro utilizámolos para merendar na escola!!



Dani e Sara ensináronnos a facer origami.


Vega explicounos a tradición dos koinobori que, por certo, podedes consultar tamén aquí


E Adrián aportou un libro dos Lunnis no que descubrimos un montón de cousas.


Por certo, Isa e Cristovo tamén trouxeron a súa boneca xaponesa, traída directamente de Xapón!!



Non deixedes de visitar O mundo enteiro, alí tedes unha entrada moi completa,  que seguro vos gustará.




4 comentarios:

  1. Que cousiñas máis preciosas! Encantoume todo: o mapa, o libro, a boneca, .... Seguriño que aprendes un montón de cousas sobre Xapón. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si Ana, estamos aprendendo moito e nos encanta. Unha aperta!!!

      Eliminar
  2. Que boas e fermosas aportacións as que trouxestes ao cole. O vindeiro mércores vouvos falar da miña viaxe a Xapón, espero que vos guste.¡¡Biquiños!!

    ResponderEliminar
  3. Estamos desexando que chegue o mércores para que nos contes a túa viaxe. Esperámoste!!!

    ResponderEliminar