martes, 8 de octubre de 2013

Outra visita esperada.

Os primeiros días de escola veu o noso amigo Cristovo (coa profe Isa) a visitarnos e coñecer aos novos compañeiros. Recordamos a súa historia, cómo chegou ao noso CRA e contounos o conto do Coelliño Branco, de Xosé Ballesteros.



Onte volveron cun conto precioso que algúns recordabamos. Titúlase Pequeno azul e pequeno amarelo, de Leo Lionni. É a historia de dous amigos, o azul e o amarelo e de como se volveron verdes. Mesmo poidemos comprobalo coas nosas propias mans.





2 comentarios:

  1. Menuda sorte coas visitas! Os contos encántanme os dous. Vense moi atentos e concentrados. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Si, a verdade que estes contos gustan un montón, sempre están moi atentos. Unha aperta dos silvosiños!

    ResponderEliminar