lunes, 28 de octubre de 2013

Froitos de outono.


Entre outras moitas cousas que estamos aprendendo sobre o outono, tamén temos un ratiño para falar dos froitos da estación. Xa sabemos máis que de sobra que a castaña e o "producto estrela" do outono pero tamén sabemos doutros coma as avelás, noces, mandarinas, mazás, uvas e... o millo. A profe Alba, que veu de visita á nosa escola, explicounos con imaxes o proceso do millo, dende que se sementa ata que chega ás nosas mesas. Tamén nos ensinou unha canción (Pan de millo, de Migallas) que nos encanta. E cunha mazaroca que tiñamos na escola esfollamos e debullamos. Agora queda moer no muíño e peneirar a fariña. Escoitade un anaquiño da canción picando aquí e mirade as fotos, que esperamos vos gusten!









2 comentarios:

  1. Que divertido desgranar o millo!!!!! Traeme lembranzas da infancia. A min me encantaba axudar á miña avoa a facelo. Un bico.

    ResponderEliminar
  2. Si, a min tamén me trae lembranzas de cando era pequena. Unha aperta, Ana, e graciñas polos teus comentarios, de parte dos Silvosiños.

    ResponderEliminar