sábado, 16 de marzo de 2013

Seguimos en Alemania.

Quedamos encantados con dúas visitas que tivemos en Silvoso. Un día veu Karina, quen nos contou que nacera en Alemania e pasara alí a súa nenez. Ensinounos fotos do seu cole cando era nena e contounos moitísimas cousas, entre elas algúns costumes e tradicións que ela mesma viviu. Tivemos a oportunidade de escoitar un fragmento do conto de Hansel e Gretel en alemán, cunha pronunciación perfecta. Aprendemos moitas cousas que non sabiamos e pasámolo de marabilla con Karina. Moitísimas grazas!!


Tamén recibimos a visita de Manuel, o papá do noso Manuel. El tamén naceu en Alemania e con el aprendemos a pronunciar moitas palabras en alemán, ademáis de ver como se escriben. Graciñas a ti tamén Manuel!



2 comentarios:

  1. Menuda sorte poder contar con Manuel e Karina para ensinarvos palabras en alemán. Co difícil que é! Seguro que disfrutaron un montón coas dúas visitas, non si? Unha gran aperta.

    ResponderEliminar
  2. Pois si Ana, os nenos sempre desfrutan moitísimo con este tipo de actividades, quédanse con moitas cousas. E as profes...que che vou contar! Encántanos que as familias participen e se impliquen. Unha aperta!!

    ResponderEliminar