sábado, 30 de marzo de 2013

Ovos de Pascua.

Como sabedes, estamos metidos de cheo en Alemania e como nos contou a nosa amiga Karina, alí hai moita tradición da Pascua, dos ovos de chocolate, dos coelliños... Por isto, e para celebrar a chegada da Primavera, quixemos decorar uns ovos de galiña (previamente baleirados). A nós gustounos moito facelos, levamos para a casa un par deles en forma de ramiño, lástima que á profe lle esquecera de facer a foto co resultado final!! Aaaiii que cabeciñaaaaa!!


3 comentarios:

  1. Tiveron que quedar realmente preciosos eses ovos. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Vendo o estupendo traballo que fixestes...estou segura que eses ovos quedaron fermosísimos. ¡¡Unha aperta!!

    ResponderEliminar