martes, 5 de marzo de 2013

Italia

Xa imos marchando de Italia, xa sabemos moitas cousas sobre ese país. Chamounos moito a atención a súa forma de bota e localizámola deseguida na bola do mundo.



Ten cidades moi importantes como Florencia, Venecia, Milán... A súa capital, ROMA, está chea de monumentos moi importantes. Daniel trouxo moitas fotos desta cidade.


Alex e Ana deixáronos tocar o fociño do seu Porcellino, amosáronnos unha preciosa peza de artesanía de Monreale e tamén tivemos a oportunidade de ver como eran as liras italianas.




E seguindo coa artesanía, Mateo amosounos un colgante de cristal de Murano. Vimos nun video o difícil que é traballar o cristal.


Javier trouxo á escola unha mini Torre inclinada de Pisa e xa sabemos que é o campanario da catedral.




Tamén aprendemos que  DAVID é unha enorme obra de arte feita por Miguel Anxo, en mármore, e que está en Florencia. É unha escultura admirada por moitas persoas a diario.



Mide en torno aos 5 metros. Aproveitamos entón para medirnos nós e compararnos con DAVID. Si que é enormeeee!!!

E, como non, a historia de Rómulo e Remo e a loba capitolina.
Por suposto non nos esquecimos da gastronomía. Raviolis, espaguettis, macarróns... e a riquísima pizza que eleboramos e comemos na escola. Poderédelo ver na seguinte entrada.


Arrivederci!!


4 comentarios:

  1. Uau! Quédome abraiada de ver todo o que traballáchedes e aprendichedes sobre Italia! Simplemente xenial. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estanos gustando moito este proxecto. Agora xa estamos en Alemania. Xa iremos contando. Bicos!

      Eliminar
  2. Precioso!! Sabedes moitas cousas do país dos espaguetis e nós en Carrio tamén! Que vos parece se facemos dentro duns aniños unha viaxe de verdade?? Estaría...requeteben!!! Xa estamos preparadísimos para percorrer as rúas de Venecia, Florencia, Roma... Bicos Silvosiños!!!

    ResponderEliminar
  3. A profe propón que a viaxe sexa canto antes para afianzar coñecementos, jejejjejejeee. Vos parece ben?

    ResponderEliminar