lunes, 4 de febrero de 2013

Día da Paz.




Aínda que o 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz, en Silvoso sabemos (ou polo menos intentamos recordalo a miúdo) que a Paz debe estar presente todos os días nas nosas vidas. Nós, ademáis de celebralo durante toda a semana, fixemos unha saída á Senra na que escoitamos uns contos preciosos e xogamos cos compañeiros e mestras doutras escolas do CRA. Pasámolo bomba! Podedes ver o ben que o pasamos nos blogues da Biblioteca e de Audición e Linguaxe. Picade nos nomes.

Botádelle un vistazo a esta presentación, veredes como traballamos coa Paz.

PAZ on PhotoPeach

3 comentarios:

  1. Gústame moito como traballáchedes a Paz que como ben dicides non se reduce a un só día ao ano. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. É certo que ainda que fixemos unha celebración por todo o grande coa saída, o importante é celebrar e practicar a PAZ tódolos días. Da gusto ver o ben que traballades ¡¡noraboa silvosiños!!
    ¡¡Unha aperta antroideira!!
    Profe Rosa, escolliches unha canción preciosa para o vídeo ;-)

    ResponderEliminar
  3. Estes silvosi@os estan moi mentalizados de que a paz constrúese día a día. Biquiños e a seguir tan fetiñ@s e traballadores.

    ResponderEliminar