lunes, 11 de febrero de 2013

Entroido.

Hoxe é venres de Entroido e en Silvoso non dudamos en celebralo. Viñemos da casa guapisisímos e cargadiños de orellas, rosquillas e filloas. Estaban boísimas!!

   

viernes, 8 de febrero de 2013

Antifaces venecianos

Gústanvos os nosos antifaces de inspiración veneciana? Para facelos utilizamos as nosas mans, papel de empapelar paredes, purpurina...ademais dunha palliña, cartolina e pegamento.









jueves, 7 de febrero de 2013

APERTAZOL para todos.


Hoxe Manuel trouxonos da súa casa unha caixa de APERTAZOL. Tomamos todos unha dose, e volvemos a comprobar que ten uns efectos inmediatos: de súpeto entran unhas ganas enoooormes de dar apertas. A mamá de Manuel tivo que dar unhas cantas voltas para atopalo pero ao final conseguiuno. Debe ser que no mundo andamos escasos de apertas, bicos, caricias... 

lunes, 4 de febrero de 2013

Día da Paz.




Aínda que o 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz, en Silvoso sabemos (ou polo menos intentamos recordalo a miúdo) que a Paz debe estar presente todos os días nas nosas vidas. Nós, ademáis de celebralo durante toda a semana, fixemos unha saída á Senra na que escoitamos uns contos preciosos e xogamos cos compañeiros e mestras doutras escolas do CRA. Pasámolo bomba! Podedes ver o ben que o pasamos nos blogues da Biblioteca e de Audición e Linguaxe. Picade nos nomes.

Botádelle un vistazo a esta presentación, veredes como traballamos coa Paz.

PAZ on PhotoPeach