domingo, 27 de enero de 2013

Elmer.

Xa temos rematado o noso Elmer, actividade que nos propuxeron Isa e Cristovo dende a Biblioteca. Ademais de decoralo entre todos, escoitamos atentamente a súa historia, aprendemos unha canción e quedounos ben clariño que... "para ser feliz no hay que ser igual"!!!





jueves, 24 de enero de 2013

O porcellino


Alex e Ana, a semana pasada, trouxéronnos unha figura do famoso Porcellino de Florencia. Explicáronnos que é unha fonte que ten un xabarín ao que hai que frotarlle o fociño para atraer a boa sorte. Por suposto, así o fixemos, non fora a ser...
 Chámanlle A FONTANA DO PORCELLINO.


  PORCELLINO on PhotoPeach

jueves, 17 de enero de 2013

Io sono un bambino... i una bambina

María, a mestra de música, estanos ensinando unha canción infantil italiana que nos encanta. Tanto, tanto nos gusta que decidimos facer este video que, por suposto, lle adicamos a María. Esperamos que vos guste e que vos animedes a cantala con nós.

                

jueves, 10 de enero de 2013

Chegamos a Italia.



Seguindo a nosa viaxe polo mundo, estamos recén chegados a          ItaliaCon Madlenka e o seu amigo o xeadeiro Paulo estamos preparados para aprender moitas cousas deste país.