miércoles, 19 de diciembre de 2012

Visita do Pandigueiro


Try our slideshow creator at Animoto.

Chegou a Silvoso o Pandigueiro, coa súa pandiga chea de froitos do Courel, onde el vive: noces, castañas, mazás... e tamén preciosos ourizos e follas. Agardábamolo impacientes e contounos un montón de cousas,   recordamos o importante que é compartir, as cousas valiosas que temos preto de nós. Agasallounos con eses froitos tan ricos, dos que levamos unha presiña para a casa.


3 comentarios:

  1. Menuda visita máis especial! Gústanme moito as recomendacións do Pandigueiro. Aproveito para desexarvos un bo remate de trimestre. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  2. Os valores e a filosofía que trae consigo o Pandigueiro son moi importantes e valiosos, é unha sorte contar coa súa visita nestas datas. ¡¡Biquiños silvosiños!!

    ResponderEliminar
  3. Que sorte tivestes coa visita do pandigueiro, de seguro que vos trasmitiu valores ben importantes. Seguide osseus sabios consellos. Bicos!!

    ResponderEliminar