jueves, 27 de diciembre de 2012

Viñeron os Reis.

Recibimos ás súas Maxestades con ilusión e démoslle as nosas cartas, esperando que nos traian algunha das cousiñas que pedimos. Estabamos un pouco nerviosiños, ben se nos nota nas cariñas...


                    
Moitas grazas aos Reis polo agasallo por adiantado, un lote de libros para a escola cos que imos gozar un montón!!

Aaahhhh, nenos, nenas... recordade: os Reis non entran nas casas dos nenos que non están durmidos. 

1 comentario:

  1. Menuda emoción poder ver aos Reis Magos en persoa. Non me extraña nada que estiveran un pouquiño nerviosos. Pero como todos foron moi bos seguriño que non lles traen carbón. A que si? Unha aperta e Bo Nadal.

    ResponderEliminar