martes, 18 de septiembre de 2012

Comezamos pasiño a pasiño

O período de adaptación está sendo moi satisfactorio. Os nenos e nenas que se incorporan á nosa escola están comportándose como verdadeiros campións, despois de superar algún disgustiño nos primeiros momentos. Pouco a pouco imos iniciando pequenas tarefas e poñendoos en contacto con novos materiais atractivos para eles. Hoxe experimentamos con pintura, con pincel e coas mans. Mirade as fotos.

PINTAMOS E ESTAMPAMOS on PhotoPeach

10 comentarios:

  1. Hai que ver que ben o pasan cos pinceis!!! Da gustiño ver como traballan. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Desexámoste un bo inicio de curso dende aquí a ti e aos teus alumnos. Unha aperta.

      Eliminar
  2. Ai silvosiños, sodes uns artistas!! Quedouvos xenial o mural coas mans! Mandámosvos moitos bicos dende Carrio!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gustounos moito facer este primeiro mural coas nosas mans e elexir cores!!! Bicos mil dende Silvoso para as bolboretiñas voadoras.

      Eliminar
  3. Hola, Silvosiños!!
    Somos o novo grupo de Cadrados de Guísamo. Xa vemos que o pasastes FENOMENAL todos coas cóxegas do pincel, pero seica tiveron algo que ver as gañas de xogar da mestra, a que sí?
    Biquiños e Bo Curso, Silvosiños.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Cadradiños, benvidos á escola! Xa veredes cantas cousas ides aprender. E si...a verdade que a mestra pasouno pipa facendo cóxegas, jejejeje. Biquiños!!

      Eliminar
  4. Bueno!!! Menudos artistas!!

    Un saúdo dende "O Pé do Xigante" para todos os nenos/as de Bergondo!

    ResponderEliminar
  5. Que ben o pasades pintando as mans con esas cores tan chulis, eh?
    Dentro de nada vémonos para inciar con bo ritmo esta nova andaina do curso novo!!!!Biquiños

    ResponderEliminar
  6. O certo é que tivemos un periodo de incorporación moi bo, ademáis sentinme moi a gusto e contentiña de compartir eses días con vós. ¡¡Unha aperta!!

    ResponderEliminar