miércoles, 20 de junio de 2012

Un conto nun pequeno papel.

Hoxe a profe Cova deunos unha surprise moi, moi fermosa. Veu á nosa escola acompañada da súa amiga Alicia, que nos deixou coa boca aberta cun conto narrado por ela mesma. Cun anaquiño de papel que cabía nunha man, foinos contando a historia dun rei que perdera a súa coroa. O pequeno papeliño ía cambiando de forma nas súas mans, transformándose en diferentes obxectos e personaxes do conto. Nunca nos contaran un conto deste xeito e así, sen imaxes e deixando voar a imaxinación, estivemos superatentos, sorprendidos, abraiados...sen deixar escapar detalle. Case non pestenexábamos!!

Un conto nun papel on PhotoPeach

Moitas grazas a Cova e, por suposto, a Alicia, unha excelente contacontos. 

4 comentarios:

  1. Que fermoso, como me gustaría escoitalo a min tamén, co que me gustan a min os contos. Canta sorte tedes Silvosiños con estas mulleres que vos fan voar coa imaxinación. Vica, a da Coruña.

    ResponderEliminar
  2. Si Vica, seguro que che ía gustar moito. Alicia fíxoo máis que ben e a historia era preciosa. Se volve outro día lembraremonos de avisarte.
    Biquiños dos silvosiños.

    ResponderEliminar
  3. ¡Vaia cariñas de expectación! Vese que o pasáchedes moi ben con conto de Alicia. ¡¡Unha aperta para Silvoso!!

    ResponderEliminar
  4. ¡Pero que atentiños están! Nótase que lles gusta o conto. A miña peque cóntolle un cun barco de papel que despois dun cantos ataques de tiburóns acaba convertíndose na camisa do capitán e lle chifla. Gustaríame moitísimo escoitar o de Alicia, seguro que me gustaba tanto como aos nen@s. Unha aperta.

    ResponderEliminar