domingo, 17 de junio de 2012

Protección Civil na escola.

Como nos gustou a visita que tivemos o xoves na escola!! Estabamos emocionados xa que os membros de Protección Civil de Bergondo viñeron a falarnos sobre o seu traballo e prevención de riscos na casa, nas vías públicas... e por suposto, ademáis disto, tamén probamos os seus traxes, observamos atentamente o camión e as ferramentas de traballo e fixemos prácticas coa mangueira!!


Pincha na foto para ver un video
Moitas grazas!!

7 comentarios:

  1. Silvosiñ@s que guapiñ@s estades co uniforme dos de protección civil.Por que non se vestiu tamén Rosa?
    No cole de Carrio a Cheeky non lle deixaron coller a mangueira e está todo enfadado, é un pouco caprichosiño. Espero que sigades os consellos dos de protección civil, seguro que si. Bicos e see you on wednesday!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Cova, Rosa non se vestiu porque estaba empezando a chover e non había tempo.... Dille a Cheeky que non se disguste, que non sempre toca! Un biquiño.

      Eliminar
  2. Que envexa me dades, eu tamén quería porque nunca puxen un traxe deses. Vou preguntar por ahí si podo voltar á escola. Si me deixan, pidirei para ir á do Silvoso. Biquiños a nenos e maiores. Vica

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Podes vir cando queiras, nesta escola aprendemos mooitas cousas e pasámolo fenomenal! Un biquiño!!

      Eliminar
  3. Vaia visita máis interesante tivéchedes ¿verdade? Ademáis o traxe, ainda que un poquiño grande,quédavos fenomenal. ¡¡Unha aperta e vémonos o mércores!!

    ResponderEliminar
  4. Pero que ben o pasáchedes!!!!! Iso de poder probar o traxe e xogar coa mangueira éche moi divertido. Nótase que disfrutaron un montón. Un biquiño.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Menos mal que a ninguén se lle ocurriu mollar ás profes... é que estes nenos son boísimos! Un bico.

      Eliminar