domingo, 10 de junio de 2012

O "cole dos maiores".

A xornada de convivencia no Cruz do Sar do pasado mércores foi sensacional. Coma sempre, mestres e alumnos esforzáronse moito para que esa xornada fora inolvidable para todos. Tíñannos preparada unha visita guiada polo centro: estivemos na biblioteca escoitando un conto cheo de maxia, vimos a sala de profes, a secretaría, o despacho do dire...; tamén o laboratorio, a aula de tecnoloxía e a aula de música, onde os alumn@s maiores e a súa profe Silvia nos ofreceron unha actuación que nos deixou coa boca aberta. Poidemos contemplar os traballos sobre ARTE de todos os nenos e nenas do cole e tamén os nosos, preciosísimos todos. Para repoñer forzas degustamos no comedor un menú do máis artístico e rematamos a xornada no pavillón xogando todos xuntos.




Chegamos un pouquiño cansos pero mereceu a pena porque o pasamos xenial!! Moitas grazas a tod@s @s (mestres, alumn@s, persoal do comedor...) que fixeron que este día fose tan especial para nós!

5 comentarios:

  1. Vaia fotos máis chulas!! Sodes ben fotoxénicos, chic@s e vese o xenial que o pasáchedes. Rosa, encántame a canción que puxeches de Carlos Núñez con Mike Scott ;-)
    ¡¡Unha aperta grande, silvosiños!!

    ResponderEliminar
  2. Tes razón Rosa, viñemos ben cansos pero cun sorriso e unha felicidade que non nos cabía no corpo. Da gusto ver que pese a que corran tempos difíciles seguimos crendo no noso traballo e poñéndolle ganas.Noraboa profes de Cruz do Sar, grazas por todo!tamén ten razón Dolores, sodes moi fotoxénic@s. Moi bo o voso traballo! Kisses!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Seguriño que disfrutáchedes un montón na xornada de convivencia. Así cando teñan que ir non o notarán tanto. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  4. Pero...que ha pasaaaaaaaao???? Eu que chego tarde a todo...Esperamos ese vídeo con moitas ganas!! TRanqui, no es a única á que lle dan quebraderos os vídeos...Aquí me tes a estas horas...jeje Bicos
    Saleta

    ResponderEliminar
  5. Por fin o tedes, é que xa desexando veros no video, está xenial, noraboa e biquiños!!!!

    ResponderEliminar