martes, 5 de junio de 2012

Día Mundial do Medio Ambiente.

No día de hoxe falamos na escola do significado deste día e da importancia de coidar a Terra, o noso planeta, o medio onde vivimos. Temos bastante claro moitas cousas, que fomos dicindo na conversa grupal, cousas coma estas:
  • NON TIRAR COUSAS AO MAR.
  • NON PRENDER LUME.
  • COIDAR AS ARBORES.
  • NON TIRAR LIXO Á NATUREZA.
  • COIDAR AOS ANIMAIS.
  • RECICLAR.
  • NON DESTRUIR OS BOSQUES. 
Lembrámonos das Fragas do Eume, do lume que hai pouco destruiu parte delas. Esperamos que sucesos coma ese non se repitan nunca máis, porque aos nen@s de Silvoso gústanos poder pasear, xogar e desfrutar da natureza.


Fragas do Eume

Fragas do Eume.

12 comentarios:

  1. Moi boa entrada Rosa e silvosiñ@s. É moi importante desde a escola sensibilizar as nen@s as da importancia de coidar da natureza. Vexo que chegastes a moi boas conclusións. Noraboa e non esquezades nunca estes consellos que nos dades desde o voso blogue. Bicos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas teacher, e os maiores axudaronme un pouquiño a escribir esta entrada, por algo os licenciaremos en breve, jajajaa. Kisses!

      Eliminar
  2. Nen@s de Silvoso: grazas por recordarnos estes consellos tan importantes. Un bico a todos vos e á vosa profe desde a cidade da Coruña. Vica

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas por escribirnos, aos silvosiños encántalles os comentarios. Un bico!

      Eliminar
  3. ¡¡Estou completamente de acordo coas cousiñas que sairon na conversa grupal!! É moi importante concienciarse no coidado da natureza. ¡¡Unha aperta e vémonos mañá!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si Dolores, téñeno moi clariño. Vémonos mañá, ven preparada para a saída!! Un bico.

      Eliminar
  4. Vexo que están moi concienciados co medio ambiente. Así dá gusto. Un biquiño

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Como eles mesmos din, gústalles pasear polos bosques, as praias, xogar nos campos... e claro saben que todo iso hai que coidalo. Un biquiño Ana!

      Eliminar
  5. Moi ben, Silvosiños, así da gusto saber que polo menos saberán coidar a natureza, bravo!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estamos de acordo todos en que debemos despertar nos nenos desde ben pequenos amor e coidado do medio e vemos que eles responden!!
      Un biquiño!

      Eliminar
  6. Eses consellos son importantísimos para coidar adecuadamente a natureza. E que mellor exemplo que Guille e Candela para ensinarnos a beleza das Fragas! NUNCA MÁIS LUME NOS BOSQUES!! Bicos
    Saleta

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Totalmente de acordo Saleta, esperemos que os nenos sigan sempre estes consellos. Un bico!

      Eliminar