lunes, 28 de mayo de 2012

Os gatiños pequeniños.

A gatiña que sempre pasa pola nosa escola tivo gatiños. Son 2, un de cor naranxa e outro gris. Hoxe cando chegamos estaban na porta. Son moi pequeniños e moi bonitiños.
 Que sorpresa!!


Aproveitando esta situación tan motivadora para os nenos, foron eles os autores desta entrada.

10 comentarios:

  1. Así da gusto comezar a semana, con sorpresas tan fermosas agardando no cole. O vindeiro mércores, coñecerei aos gatiños e teño que entrar amodiño para non asustalos. ¡¡Unha aperta silvosiños!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Dolores, a ver se mañá volven a estar porque hoxe.... nin rastro. Deberon marchar a un lugar máis tranquilo, porque a nosa escola é preciosa e moi agradable pero o que se di tranquila.... jejejejeeee
      Saúdos!

      Eliminar
  2. Menuda sorpresa se tiveron que levar os pequenos!!!!! Que bonitiños son! E que ben fixeron a entrada. Un bico.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sorpresa total! Aos silvosiños encántalles colaborar no blogue, e aínda que precisan axuda van aprendendo pouco a pouco. Unha aperta.

      Eliminar
  3. Noraboa pola entrada silvosiñ@s. Que preciosidade de "kittens". Morro de ganas de velos...e Cheeky está emocionado. Coidádeos ben. See you on wednesday!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois a ver se tes sorte porque hoxe non aparceron pola escola, polo menos cando nós estabamos. See you tomorrow!

      Eliminar
  4. Pois non me imaxinaba eu que ese alumno novo de Silvoso fora tan bonitiño, que ben!!!!

    ResponderEliminar
  5. Eses gatiños seguro que marcharon cos seus papás!! Pero ao mellor outro día volven...É xenial que coidedes tan ben dos animais! Bicos silvosiños!!

    ResponderEliminar
  6. Esperemos que marcharan cos seus papás. Era tan bonitiño.... Ao mellor calquera día veñen a vernos outra vez.
    Moitos biquiños!

    ResponderEliminar