domingo, 22 de abril de 2012

Proxecto de arte. PICASSO

Para achegarnos un pouquiño á figura de Picasso, estivemos falando sobre este artista, sobre que cousas sabemos del. Ollamos un libro, despois falamos sobre as cousas que sabemos del: 

  • Foi un pintor.
  • Pintouse a el mesmo.
  • Pintou moitos cadros.
E tamén sobre o que queremos saber:
  • Cómo era en realidade.
  • Cómo era de pequeno.
  • Se casou.
  • Se tivo fillos.
  • Cantos cadros pintou.
  • Onde naceu, onde viviu.
  • Ver os seus cadros...

Temos moitas ganas de aprender máis cousas sobre este artista. Iniciamos dentro do proxecto de arte do CRA o traballo de investigación sobre Picasso, así que todo o que queirades aportar será moi benvido.
Deixamos aquí esta presentación para que vexades os debuxos que fixeron os nenos sobre o pintor, como actividade inicial do proxecto.

                          

Non deixedes de visitar Pintureiro, o blogue de arte do CRA de Bergondo, no que iredes atopando informacións e recursos sobre diferentes artistas.

5 comentarios:

  1. Quedáronvos uns debuxos preciosos. Ides aprender moitas cousas sobre Picasso. ¡¡Unha aperta!!

    ResponderEliminar
  2. Cantas cousas ides aprender sobre Picasso! Para empezar, os debuxos sobre el están xenial. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  3. Encántanme os vosos debuxos. Non deixedes de contarme todo o que aprendades de Picasso. Kisses silvosiñ@s.

    ResponderEliminar
  4. Somos os silvosiños, grazas polos vosos comentarios. Un bico.

    ResponderEliminar
  5. Estes nenos son uns artistas!!! Encántanme os vosos debuxos de Picasso! Por certo...sabedes que Picasso vivíu na Coruña?? Bicos!

    ResponderEliminar