lunes, 23 de abril de 2012

Hoxe e o dia do libro


É o Día do Libro.  Na nosa escola faremos esta semana un libriño que nos trouxo Cristovo. Hoxe empezámolo. Aqui tedes a portada.

Esta entrada do blogue foi escrita polos nenos e nenas da escola de Silvoso

domingo, 22 de abril de 2012

Proxecto de arte. PICASSO

Para achegarnos un pouquiño á figura de Picasso, estivemos falando sobre este artista, sobre que cousas sabemos del. Ollamos un libro, despois falamos sobre as cousas que sabemos del: 

  • Foi un pintor.
  • Pintouse a el mesmo.
  • Pintou moitos cadros.
E tamén sobre o que queremos saber:
  • Cómo era en realidade.
  • Cómo era de pequeno.
  • Se casou.
  • Se tivo fillos.
  • Cantos cadros pintou.
  • Onde naceu, onde viviu.
  • Ver os seus cadros...

Temos moitas ganas de aprender máis cousas sobre este artista. Iniciamos dentro do proxecto de arte do CRA o traballo de investigación sobre Picasso, así que todo o que queirades aportar será moi benvido.
Deixamos aquí esta presentación para que vexades os debuxos que fixeron os nenos sobre o pintor, como actividade inicial do proxecto.

                          

Non deixedes de visitar Pintureiro, o blogue de arte do CRA de Bergondo, no que iredes atopando informacións e recursos sobre diferentes artistas.

miércoles, 18 de abril de 2012

As nosas spaceships.

Na clase de inglés coa profe Cova comezamos a facer unhas spaceships, que remataremos o venres. Xa as temos case listas pero aínda nos falta algún detalliño. Traballamos moito con esta actividade, repasando vocabulario (cut, scissors, glue, crayons....) e tamén aprendemos palabras novas. Pasámolo bomba cos Monkeys e con Cova e, como non podía ser menos, as spaceships quedaronnos niqueladas!!


                       

martes, 10 de abril de 2012

Comezamos o terceiro trimestre.

Que mellor maneira de comezar este último trimestre do curso que falando dos días de descanso que tivemos e facendo un debuxo. Todo isto despois da clase de Educación Física co profe Ricardo, tan divertida e activa coma sempre. 



Pois agora... un, dous, tres.......XA!! comezamos o terceiro trimestre!! Premede no botón verde para seguir collendo ritmo e ter un bo comezo.